Programa Cancer Innova

Programa Cancer Innova

A Fundación Kærtor e a Fundación Científica de la Asociación Española Contra el Cáncer, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), a Compañía farmacéutica Janssen-Cilag/Johnson & Johnson e a compañía Lilly unen as súas forzas para crear o Programa Cancer Innova, que promove o desenvolvemento de novos fármacos contra o cancro e a consolidación dun ecosistema biotecnolóxico próximo aos pacientes. Cancer Innova é a primeira iniciativa no marco da nova Business Factory Medicines de Galicia.

Que é Cancer Innova?

É un programa de colaboración inclusiva na que participan conxuntamente entidades públicas e privadas para promover a innovación en cancro. Para iso creouse un programa de descubrimento de fármacos aliñado coa Misión Cancro do programa marco Horizonte Europa que representa un fito no sector biotecnolóxico.

A quen vai dirixido o programa Cancer Innova?

A investigadores e entidades públicas ou privadas e pequenas compañías especializadas en mecanismos do cancro e que queiran aplicar a súa investigación cara ao descubrimento de fármacos.

Formulario de Expresión de Interese

A convocatoria do Programa Cancer Innova divídese en tres fases: a primeira é a chamada de Expresións de Interese (EdI) e selección de proxectos, a segunda fase é a de incubación dos proxectos de investigación e a terceira de aceleración e consolidación dos proxectos.